O fondo da ría rexistra os niveis de sucidade máis altos das tres zonas nas que se clasifica

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o martes, setembro 01, 2009
Redacción La Voz de Galicia | Pontevedra, 01.09.2009

A ría de Pontevedra conta con nove depuradoras de augas residuais (EDAR)-Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Redonde, Pedre, Vos Praceres, Sanxenxo e Bueu- e está en proxecto una a maiores para a zona de Raxó, que terán unha vida útil de entre 15 e 20 anos. A de Pontevedra é a depuradora máis grande das que rodean a área da ría cunha capacidade para asumir os residuos que producen 295.000 habitantes.

A Asociación pola Defensa da Ría asegura que vendo a ría de Pontevedra desde a desembocadura, a primeira parte é a máis limpa, seguida da área entre Tambo e Festiñanzo, onde desembocan as verteduras fecais de Sanxenxo, Portonovo e Raxó. O último tramo e que se mete xa na cidade é a parte máis contaminada por materia orgánica e restos fecais porque verten os restos de Poio sen depurar e a obra de Tafisa agrandaba esta contaminación. APDR alerta de que Montecelo non depura ao 100% os seus residuos.

Fonte: Xornal La Voz de Galicia. Artigo orixinal:  O fondo da ría rexistra os niveis de sucidade máis altos das tres zonas nas que se clasifica