Poio estuda construír en solitario unha depuradora ao non definirse a localización da EDAR de Dorrón

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o martes, novembro 18, 2008
Redacción La Voz de Galicia | N.S., Sanxenxo 18.11.2008

O Concello de Poio leva tempo barallando a posibilidade de acometer unha depuradora para darlle servizo aos veciños de Raxó e Samieira, dado que Sanxenxo aínda non definiu a localización da EDAR que se proxecta para Dorrón, unha instalación que utilizaría tamén Poio..

O propio conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, recoñeceu hai varias semanas que de todas a EDAR contempladas para este ano, a de Sanxenxo e outra máis son as únicas que non se construirán. Sanxenxo aínda non decidiu onde se instalaría a EDAR, e de aí os problemas que xurdiron debido á falta da cesión de terreos.

«A situación obríganos a buscar alternativas», destacou onte o alcalde de Poio, Luciano Sobral.

O rexedor municipal é consciente do que suporía construír unha EDAR en Poio por conta propia, unha actuación que levaría na Poio a «reverter o sistema de saneamento, xa que agora vai todo á depuradora de Pampaido (Sanxenxo)». As localizacións para a construción da EDAR de Dorrón que expuxo a Xunta, a través de Medio Ambiente, foron descartadas polos veciños e o Concello.

Fonte: Xornal La Voz de Galicia. Artigo orixinal:  Poio estuda construír en solitario unha depuradora ao non definirse a localización da EDAR de Dorrón