Poio insta á Xunta a solucionar a polémica sobre a depuradora e ofrécese a albergala

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o sábado, decembro 20, 2008
Redacción La Voz de Galicia | Pontevedra, 20.12.2008

O Concello de Poio solicitou onte a Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, que decida sobre o lugar onde deberá situarse a depuradora de Raxó.

Os responsables municipais afirman que se a Xunta de Galicia decide instalar no municipio a EDAR que se contemplaba acometer en Dorrón (Sanxenxo), non verían con malos ollos a alternativa. No entanto, de ser esa a opción sería necesario empezar a buscar os terreos adecuados. Lembraron que hai varios anos, Poio ofreceu a posibilidade de instalar a depuradora en Monte Baldío ou no Laño, pero Augas de Galicia rexeitou ambas as localizacións ao considerar que o proxecto tería un elevado custo económico. O Concello de Poio tamén está disposto a abonar unhas hipotéticas expropiacións que se realizarían en Dorrón. «Nós estariamos dispostos a pagar», apuntou Xulio Barreiro, concelleiro de Facenda.

Fonte: Xornal "La Voz de Galicia". Artigo orixinal:  Poio insta á Xunta a solucionar a polémica sobre a depuradora e ofrécese a albergala